sábado, 19 de mayo de 2012

taller de bolillos

luns e xoves ás 15.30h

Estimula o desarrollo da creación e expresión artística, ó tempo que favorece a psicomotricidade, non perder as habilidades nas máns e potencia a percepción e a memoria, desarrollando unha actividade tradicional que comparten con outras persoas.
taller de memoria

Martes ás 16,30h

Consiste na realización de exercicios para fortalecer a capacidade de memorización do cerebro, estimular a agudeza visual e aumentar a capacidade de concentración. É moi importante  xa que axuda a previr a dependencia ó mellorar a vida persoal e social do usuario.

martes, 15 de mayo de 2012

taller de informática

mércores e xoves ás 17.30h

O centro sociocomunitario de Petín ten un áula con seis ordenadores onde se imparten talleres de iniciación en informática co obxectivo de dotar os usuarios dos coñecementos básicos que lles permita automonía na rede e facilitar a súa integración na mesma, o tempo de darlle unha alternativa o ocio.
Se intenta responder a súas necesidades e obxectivos persoais de información, ocio,aprendizaxe de ferramentas que favorezan a súa vida diaria, así como a súa comunicación social, a memoria e a súa calidade de vida.
taller de ximnasia
mércores e venres pola tarde


O taller de ximnasia  ten conm finalidade inculcar na poboación hábitos de vida saúdables no que o exercicio físico ten un lugar destacado na vida diaria co obxectivo de mellorar o seu benestar físico e a súa calidade de vida.